26 octubre 2008

Queimada


Desde las tierras gallegas te traemos esta tradición ancestral con su conxuro, aguardente y demás ingredientes secretos incluidos.

Si se prepara en el momento, se disfruta de este brebaje mágico, y de su ambiente: te envuelve con su conxuro y quién sabe qué cosas cambiarán en tu vida... ¿Te atreves?



Mouchos, curuxas, sapos e bruxas.

Demos, trasnos e diaños, espritos das nevoadas veigas.

Corvos, píntigas e meigas: feitizos das menciñeiras.

Podres cañotas furadas, fogar dos vermes e alimañas.

Lume das Santas Compañas, mal de ollo, negros meigallos, cheiro dos mortos, tronos e raios.

Oubeo do can, pregón da morte; fuciño do sátiro e pé do coello.

Pecadora lingua da mala muller casada cun home vello.

Averno de Satán e Belcebú, lume dos cadáveres ardentes, corpos mutilados dos indecentes, peidos dos infernais cus, muxido da mar embravecida.

Barriga inútil da muller solteira, falar dos gatos que andan á xaneira, guedella porca da cabra mal parida.

Con este fol levantarei as chamas deste lume que asemella ao do Inferno, e fuxirán as bruxas a cabalo das súas escobas, índose bañar na praia das areas gordas.

¡Oíde, oíde! os ruxidos que dan as que non poden deixar de queimarse no aguardente quedando así purificadas.

E cando este brevaxe baixe polas nosas gorxas, quedaremos libres dos males da nosa alma e de todo embruxamento.

Forzas do ar, terra, mar e lume, a vós fago esta chamada:

si e verdade que tendes máis poder que a humana xente, aquí e agora, facede que os espíritos dos amigos que están fóra,

participen con nós desta Queimada.







No hay comentarios: